¿Qué es esto? Desde esta página puedes compartir y guardar España-Galicia-ANTE A REFORMA DA LEI DE ESTRANXEIRÍA SUSCITADA POLO GOBERNO en tu Marcador Social preferido, o enviar un enlace vía E-mail a tus contactos.

Webs Sociales

E-mail

Vía E-mail
27 Septiembre, 2009

España-Galicia-ANTE A REFORMA DA LEI DE ESTRANXEIRÍA SUSCITADA POLO GOBERNO

Publicado en: Asociaciones, Convocatorias, Derechos, Encuentros, Noticias sobre migración

Chamamos a participar nas mobilizacións que se levarán a cabo o próximo 17 de outubro en todo o estado español como contestación cidadá contra esta iniciativa do Goberno

domingo, 18 de octubre de 2009

Hora:

17:00 – 20:00

Lugar:

A Coruña

Calle:

Plaza das Conchiñas

POSICIONAMENTO DO COMITÉ ESTATAL DO FORO MUNDIAL DE MIGRACIÓNS ANTE A REFORMA DA LEI DE ESTRANXEIRÍA SUSCITADA POLO GOBERNO

Este mes de setembro e por trámite de urxencia, o Goberno leva ao Parlamento a enésima reforma da Lei de Estranxeiría en España. Ante esta iniciativa as entidades membros do Comité Estatal do Foro Social Mundial de Migracións queremos manifestar:

Esta reforma fíxose necesaria fundamentalmente pola sentenza do Tribunal Constitucional que declarou como inconstitucionais varios artigos da vixente Lei de Estranxeiría. Aprobada no 2003 a iniciativa do Partido Popular e co apoio do PSOE. A sentenza recalcou que os dereitos fundamentais non se poden negar por unha simple irregularidade administrativa como carecer de permiso de residencia en España.

A actual proposta do Goberno posúe elementos de avance respecto as persoas estranxeiras documentadas como a concesión de permiso de traballo aos familiares reagrupados que conten cun contrato de traballo. Pero estes elementos non poden distraer a atención do enfoque restritivo e conservador do proxecto de lei.

O trato dado ás persoas en situación administrativa irregular é enormemente prexudicial. Por unha banda os dereitos recoñecidos polo Tribunal Constitucional non son traspostos ao texto lexislativo de forma completa. Especialmente nos aspectos relacionados coa educación e o acceso á xustiza gratuíta.

O que profundiza na exclusión social das persoas en situación administrativa irregular.
Por outra banda e de forma especial é necesario mencionar o endurecemento das condicións de internamento nos CIE para aquelas persoas que o estado desexe expulsar do territorio español. Pasando de 40 a 60 días o tempo que poden permanecer retidas, período que pode ser practicamente ilimitado se se suspendese a súa execución por diversos motivos como a enfermidade do interno.

Este endurecemento prexudica igualmente aos demandantes de asilo e refuxiados que en tanto ven recoñecido o seu estatus polo estado español, sofren a mesma vulneración de dereitos que as persoas indocumentadas. Remarcándose así o recorte de dereitos dos demandantes de asilo e refuxiados xa consolidado na nova Lei de Asilo.

Esta modificación do tempo e condicións de internamento nos CIE, posiciona a España entre os países máis duros na aplicación da “Directiva da Vergoña”. Contradicíndose dos compromisos asumidos polo propio Goberno o inverno pasado.

O réxime sancionador endurecese enormemente cara todo o relacionado coas persoas en situación administrativa irregular, creándose ata a posibilidade da delación entre cidadáns. Créanse así mecanismos de persecución social ao inmigrante irregular que pasa de vítima a perigo público.

Se estas condutas deben ser perseguidas, que se faga en igualdade de condicións que cando se realizan contratos non cumpridos ou falsos empadronamentos para acceder a recursos sociais, como centros educativos, entre persoas autóctonas. Este trato desigual entre poboación autóctona e estranxeira pode ter consecuencias moi perniciosas para cuestións básicas como o acceso á saúde coas consecuencias que iso suscita para o benestar de todos.

Se restrinxe o dereito á vida en familia ao dificultarse enormemente a reagrupación de ascendentes que non alcancen a idade de xubilación. O que remarca o interese do executivo por un perfil de inmigrante novo que traballe duro e consuma poucos recursos sociais. O inmigrante como man de obra barata e que non de problemas.

As mulleres en situación irregular que sexan vítimas de violencia de xénero poderán ser obxecto dun expediente de expulsión en paralelo á súa denuncia por maltrato. O que xera indudablemente un efecto desincentivador da denuncia. A condición de vítima da violencia machista debería estar por riba de calquera outra cuestión administrativa.

Por todos estes motivos, as entidades membro do Comité Estatal do Foro Social Mundial de Migracións consideramos que a reforma suscitada polo executivo afonda na división e a fractura social e representa unha nova volta de torca na condena á clandestinidade das persoas en situación administrativa irregular. Persoas que permanecen nesta condición non por vontade propia se non pola propia exclusión á que lles condena a lexislación.
Consideramos que a única reforma admisible debería ir encamiñada a crear unha sociedade máis integrada, na que os seus membros participen por igual en dereitos e obrigacións en consideración a ser protagonistas do futuro, á marxe do lugar no que nazan. Esta é a única perspectiva que pode considerarse progresista nun mundo global onde as distancias acúrtanse e nunha Europa cada vez máis diversa e na que a inmigración fai xa tempo que deixou de ser unha anécdota para converterse en núcleo da sociedade.
Unha vez máis se deu un paso atrás no camiño para a ratificación da Convención Internacional de Nacións Unidas dos Dereitos Humanos dos Traballadores Migrantes e as súas Familias. A lei tampouco incorpora as obrigacións contraídas na firma e ratificación do Convenio do Consello de Europa sobre a Loita contra Trata.

No canto diso, o Goberno preferiu a liña marcada polos países máis conservadores de Europa e pola filosofía da Directiva da Vergoña.
Por todo isto e porque a xustiza social é o obxectivo último que perseguimos reclamamos ao Goberno que retire o proxecto do Parlamento e propoña un texto máis acorde coa realidade social e os retos do estado español.
Finalmente chamamos a participar nas mobilizacións que se levarán a cabo o próximo 17 de outubro en todo o estado español como contestación cidadá contra esta iniciativa do Goberno

AQUÍ NON SOBRA NINGUÉN COMITÉ ESTATAL FORO SOCIAL MUNDIAL DE MIGRACIÓNS

Fuente: Asamblea Aberta polos Dereitos das Persoas Migrantes


Regresar a: España-Galicia-ANTE A REFORMA DA LEI DE ESTRANXEIRÍA SUSCITADA POLO GOBERNO