Galiza-A Coruña- Movilización contra a xenófoba campanha dirixada ao top-manta

Diciembre 29th, 2009 | by admin |

NÓS SI QUEREMOS MANTEIR@S NA NOSA RÚA! SOBREVIVIR NON É DELITO NIN COMPETENCIA DESLEAL!!

Asamblea Aberta polos Dereitos das Persoas Migrantes

A asociación de comerciantes da Área Obelisco, movilizada polo discurso xenófobo do seu presidente Antonio Amor e co respaldo de Losada, o “alcalde de todos” (agás d@s “negr@s”), atopou un novo pretexto para librarse do colectivo manteiro durante o Nadal: a disminución das compras na Rúa Real é culpa da venda ambulante. O pequeno e medio comercio debería articularse e loitar contra quen o perxudica realmente; as cada vez máis numerosas grandes superfícies comerciais, e deixar de criminalizar ao colectivo máis vulnerable.

O alcalde da “cidade na que ninguén é forasteiro/a” trata de transmitir unha sensación de seguridade a unha parte da poboación, aos comerciantes da área Obelisco, a través da creación de inseguridade, medo e acoso permanente a un dos sectores máis desprotexidos, as persoas migrantes que sobreviven a través do top manta. ¿Quen se cre que estén empobrecendo e sendo competencia desleal para os negocios da zona?

Esiximos á alcaldía e á Subdedelegación de governo que deixe de antepoñer nas súas políticas, para lavarse a cara durante o Nadal, os intereses económicos dun pequeno sector da cidade instaurando formas de marxinación e regresión de dereitos das persoas sen papeis que loitan a diario para sobrevivir.

A Xunta está a piques de lanzar unha campaña de sensibilización para a integración intercultural: “sabemos o que é estar fora” que “busca apelar aos sentimientos e á hospitalidade das e dos galegas/os, aínda que non se detecte ningún problema de xenofobia en Galiza”. Denunciamos a farsa encuberta desta campaña na que se tenta a asunción dunha política aperturista por parte da poboación galega, mentres as institucións actúan concebindo as persoas migrantes como delincuentes ou como mera forza de traballo en función dos intereses económicos do momento.
Convidámoste a te movilizar para amosar o rexeitamento a estas políticas xenófobas e especialmente á esta racista campaña navideña o MaRteS 29 de decembro ás 19 da tarde no Obelisco.

Asamblea Aberta polos Dereitos das Persoas Migrantes

Deje un comentario

Sitio web construido y administrado por AaSsAaPp.com  con la colaboración de YoHagoWeb el kiosco de las chapuzas para webmasters principiantes.